A Guerra dos Grelos [HD]

[postlink]http://galizatube.blogspot.com/2011/02/guerra-dos-grelos-hd.html[/postlink]http://www.youtube.com/watch?v=_rSM9MBo3foendofvid [starttext]

Directoras

Marinha de Toro Cuns (Mare)
Sara Calvete Lorenzo (A Gata)

Protagonistas

Uxía Crespo
Nani Matos

Descrición

A ambición económica corrompe á xente. O Bar Facundo e a Casa Luciano son dous negocios veciños que o único que

comparten é grisura e a falla de clientela. Cando por unhas extrañas circunstancias prevese unha enorme avalancha de turismo, Facundo e Dosinda, a súa dona, móntanse no carro dándolles ós extranxeiros o que buscan, o enxebre, auténtico. Casa Luciano, con a apoucada de Carmiña e Luciano, competirá por non quedarse atrás creando unha atmósfera esperpéntica e absurda.

Argumento

Dous bares en plena decadencia, escoitan na radio a mesma nova: avecíñase unha avalancha de turismo solidario. Cada bar equivale a un modo de entendela vida, un reflexo da auténtica “Galician way of life”: en Casa Facundo, aínda conservan as pretensións de triunfar, burgueses vidos a menos, vellas glorias incapaces de adaptarse á súa realidade; da outra banda da rúa, Casa Luciano, unha familia galega cunha tasca na que o tempo se detivo nos setenta, persoas que xa nin se atreveron nunca a soñar co éxito pero que ómesmo tempo se negan a rematar na miseria.
Unha nova oportunidade está a piques de chegar, e, como pode que sexa aderradeira, agora ou nunca, agarraranse a ela con uñas e dentes. Os guiris representan máis do que nunca imaxinaron, un filón, pero un negocio moi voluble: buscan o espectáculo puro e duro, e non lle deben fidelidade a ninguén. Iranse con quen saiba chamar a súa atención e mantelos encadilados. Para atraer os cartos deses bolsillos, inician unha farsa para xuntar clientela, na cal as palabras enxebre, típico e tradicional galego se quedan curtas comparado co espectáculo esperpéntico que montan de cara ao público que culmina cunha absurda transformación.

A rivalidade entre os dous bares vai subindo, serán duelos constantes nos que tratarán de superar ó opoñente que, máis que rival irase tornando en inimigo. Hai que amosar quen é o máis auténtico. Na loita polos cartos non hai medias tintas. A presión vai subindo ata chegar a unha loita aberta na que só vencerán os máis enxebres,non xa unha loita pola clientela, os cartos e o poder, senón unha loita a vida ou morte. Ambicións soterradas, envexas, odios, as máis baixas paixóns cítanse nun duelo a morte do que só un bar sairá airoso.[endtext]

0 comentários:

Postar um comentário